8 jun 2011

Os nosos grandes "Superhomes". Actualizado o 2 de xullo

Temos o pracer de informaros dunha nova incorporación ao grupo dos "superhomes", el chámase Alberto Meléndez, hasta fai pouco tempo residiu en Vilagarcía e quere ser o compañeiro de Antonio e Demetrio, pois os tres son grandes amigos. TEREMOS POLO TANTO O GUSTO DE VER  A ESTES TRES MOSQUETEIROS EN ACCIÓN.



Se este reto é posible será grazas á inestimable colaboración de dúas grandes persoas e deportistas, eles son inseparables compañeiros de fatigas e levan moitos kilómetros a bordo, boa parte deles por boas causas.
Chámanse Antonio Madriñán e Demetrio Álvarez. Vouvos por algúns exemplos de retos aos que se enfrontaron xuntos recentemente:
- 24 horas "oumoving" Ourense en favor da Fundación Meniños
- 100 km Villa de Madrid
- 24 horas "Somos" en favor da Asociación de Personas con Discapacidad en Red
Estes retos son só un pequeno exemplo do que estes mozos levan feito ao longo deste ano, se nos remontamos mais atrás a lista faise mais e mais longa.
Mirade nestas dúas fotos con que bo humor afrontan as duras probas nas que se deixan "liar"



Para saber mais destes dous ultraman podedes visitalos en:
http://antoniomadrian.blogspot.com/

1 comentario:

  1. son las dos personas mas fantasticas y autenticas que he conocido, ayudan a los demás sin pedir nada a cambio y con ellos arrastran a muchisima gente.Por todo lo que hacen y como son solo se le puede decir gracias por ese gran corazon que tienen

    ResponderEliminar

Grazas polo teu comentario. En breve darémosche unha resposta!
Esperámoste os días 1 e 2 de setembro en Cambados!