OS BOLETOS PARA O SORTEO
Os boletos para a rifa poden adquirirse de tres maneiras:- Ao incribirse: obsequiamos un boleto e unha camiseta con cada inscrición o día do running podedes recollelas na carpa de Por Dereito na expalnada da TIR (onde os cines)
- O día do running hasta unha hora antes do remate (ás 11.00 do domingo 17 de xullo) teremos boletos na carpa da TIR, cada boleto custa 1 euro.
- Comprando as que queirades por anticipado, temos dous puntos de venta: Nicolette na praza Clemencio Fernández Pulido en Cambados (no parque cerca do cuartel da Garda Civil) e no Bar-Tapería D´María en Méndez Núñez, Vilagarcía de Arousa, alí temos expostas a camiseta do Real Madrid e a da Selección Española
OS OBXECTOS QUE SORTEAMOS
Pouco a pouco imos tendo mais "tesouros" para a rifa, intentaremos actualizar o mais rápidamente posible os obxectos que nos van cedendo. De momento temos xa:
- A camiseta do CLUB DE FÚTBOL REAL MADRID de Di María, firmada polos xogadores.
- A camiseta da SELECCIÓN ESPAÑOLA DE FÚTBOL tamén firmada polos compoñentes.
- Unha chaqueta e unha camiseta (esta última firmada por tódolos xogadores) cedida por DANI ABALO do CLUB CELTA DE VIGO
Antonio Madriñán está con nós para todo e tamén aporta
- Unha camiseta do campión mundial de Press Banca JULIO GARCÍA
- Unha "sudadera" do grupo musical mallorquino "DAWOLEHENCHILADA"
Outras donacións:
-Unha camiseta firmada por dous grandes do piragüismo: RAMÓN FERRO DIOS e OSCAR GRAÑA BLANCO; campións dol mundo e de Europa de piragüismo
- Dous Cds autografiados polo grupo musical do CORNELIUS do seu álbum "1960"
aquí tedes a foto dos Cds
Esta canción esta incluida nos cds que nos entregaron do seu traballo "GREATEST HITS" dedicados por tódolos seus compoñeentes, e iso é o que lle desexamos, que teñan moitos grandes éxitos...porque soan xenial, son bos rapaces e solidarios...a comerse o mundo!!!!!!!
- Camiseta do CLUB DEPORTIVO DA CORUÑA firmada por Valerón, xestionada pola Autoridade Portuaria e a Peña Deportivista "Perla de Arousa"
Augusto Lendoiro envíalles esta carta á Peña que queren compartir conosco:
- Camiseta de VALENCIA CLUB DE FÚTBOL, xestionada pola Autoridade Portuaria
- Unha camiseta e unha bandeira do Club de Fans firmadas por Maverick Viñales, que vai terceiro nestos momentos no Campeonato do Mundo de Motos de 125 CC. Unha donación feita unha vez mais grazas á Autoridade Portuaria.
- Unhas fotos firmadas da Rider galega competidora na copa do mundo de Four Cros Eva Castro. Xentileza unha vez mais de Antonio Madriñán.
- Unha magnífica fotografía de Eva Ayerbe, conseguida a través de Antonio Madriñán.
- Catro preciosos polos de manga curta de varios cores e dous chuvasqueiros da empresa TRIVI de Cambados.
- Un bono para unhas sesións no Ximnasio Vital Sport de Cambados que consistente nun Bono para dúas persoas para tres días de clases dirixidas a escoller entre: spinning, gap, step, bodytono ou fitness mais dous días en sala de musculación e cardio. Total unha semaniña enteira de deporte a tope!!!
- Un bono para 1 mes de curso de iniciación al scrapbook por cortesia de BOLBORETAS DE PAPEL
- 10 vales para 2 persoas para un obradoiro de beleza facial mais un estudio nutricional por parte do distribuidor independendiente de HERBALIFE en Cambados, Jesús Otero Rey. O seu punto de distribución atópase ma tenda Nicolette sita na Praza Clemencio Fernández Pulido en Cambados.
ADVERTENCIA: algunhas das imaxes non están tomadas dos obxectos que se van a entregar, algúns deles ainda están en camiño polo que tomamos as imaxes de internet e ao mellor non se corresponden exactamente co que imos sortear (hai moitos modelos de camisetas dos clubs...)
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario. En breve darémosche unha resposta!
Esperámoste os días 1 e 2 de setembro en Cambados!