29 may 2011

GRAN RETO RUNNIG POR DEREITO 2011. ACTUALIZADO O 3 DE XULLO



Estamos preparando un gran reto deportivo en Vilagarcía para os días 16 e 17 de xullo.

Os fins deste reto son:
- Dar visibilidade ao autismo
- Recadar fondos para a asociación
- Pasar un día divertido con todos os que queiran achegarse e participar con nós neste evento deportivo.

Colaboradores: Contaremos coa colaboración de tres fondistas de recoñecido prestixio:
- Antonio Madriñán
- Demetrio Álvarez 
- Alberto Meléndez

Eles ofrécense altruistamente a correr no beneficio dos nosos nenos e nenas durante 24 horas. Son uns valentes que non podemos deixar sós neste desafío.
Contaremos tamén coa colaboración de varios clubes deportivos da provincia de Pontevedra.

Percorrido: O circuíto abrangue uns 5 kilómetros, todo o paseo marítimo de Vilagarcía, dende Carril hasta os depósitos de Ferrazo

Cando: O Reto iniciarase o sábado 16 ás 12.00 do mediodía e rematará 24 horas despois. CADA QUEN PARTICIPARÁ O TEMPO QUE QUEIRA OU HASTA QUE O CORPO AGUANTE.


Inscrición previa: Ingresando 4 euros no nº de "La Caixa": 2100-5036-41-0200073864
No apartado concepto hai que por "Gran Reto Por Dereito", o día 16 de xullo hai que presentar o xustificante de ingreso na mesa de Por Dereito para confirmar a inscrición.
 
Inscrición o mesmo día do Reto: Hai que abonar 5 euros e cubrir un papel de inscrición na mesa de Por Dereito
 A inscrición da dereito a participar no reto xunto a estes grandes deportistas, a unha preciosa camiseta conmemorativa deste evento e a un boleto para unha rifa que faremos ao remate, o día 17 de xullo ás 12.00.
Os nenos e nenas recibirán  tamén algún que outro regalo ao inscribirse.

4 comentarios:

  1. Será unha fermosa xornada , espero que todos vos anímedes a pasar un día diferente e peculiar o noso lar , é un día pra celebrar , e pra pasalo coa familia . Espero compartir un gran día con todos vos .

    ResponderEliminar
  2. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  3. Seguro que compartiremos un día inolvidable...Mil grazas Antonio!!!

    ResponderEliminar
  4. Antonio , espero poder acompañaron un "buen" rato.. pero ya me direis como lucharemos con el calor...? :) Enhorabuena campeones por este reto y lo que se prentede con el. saludos desde Ourense

    ResponderEliminar

Grazas polo teu comentario. En breve darémosche unha resposta!
Esperámoste os días 1 e 2 de setembro en Cambados!