Estamos preparando un gran reto deportivo en Vilagarcía para os días 16 e 17 de xullo.
Os fins deste reto son:
- Dar visibilidade ao autismo
- Recadar fondos para a asociación
- Pasar un día divertido con todos os que queiran achegarse e participar con nós neste evento deportivo.
Colaboradores: Contaremos coa colaboración de tres fondistas de recoñecido prestixio:
- Antonio Madriñán
- Demetrio Álvarez
- Alberto Meléndez
Eles ofrécense altruistamente a correr no beneficio dos nosos nenos e nenas durante 24 horas. Son uns valentes que non podemos deixar sós neste desafío.
Contaremos tamén coa colaboración de varios clubes deportivos da provincia de Pontevedra.
Percorrido: O circuíto abrangue uns 5 kilómetros, todo o paseo marítimo de Vilagarcía, dende Carril hasta os depósitos de Ferrazo
Cando: O Reto iniciarase o sábado 16 ás 12.00 do mediodía e rematará 24 horas despois. CADA QUEN PARTICIPARÁ O TEMPO QUE QUEIRA OU HASTA QUE O CORPO AGUANTE.
Inscrición previa: Ingresando 4 euros no nº de "La Caixa": 2100-5036-41-0200073864
No apartado concepto hai que por "Gran Reto Por Dereito", o día 16 de xullo hai que presentar o xustificante de ingreso na mesa de Por Dereito para confirmar a inscrición.
Inscrición o mesmo día do Reto: Hai que abonar 5 euros e cubrir un papel de inscrición na mesa de Por Dereito
A inscrición da dereito a participar no reto xunto a estes grandes deportistas, a unha preciosa camiseta conmemorativa deste evento e a un boleto para unha rifa que faremos ao remate, o día 17 de xullo ás 12.00.
Os nenos e nenas recibirán tamén algún que outro regalo ao inscribirse.
Será unha fermosa xornada , espero que todos vos anímedes a pasar un día diferente e peculiar o noso lar , é un día pra celebrar , e pra pasalo coa familia . Espero compartir un gran día con todos vos .
ResponderEliminarEste comentario ha sido eliminado por el autor.
ResponderEliminarSeguro que compartiremos un día inolvidable...Mil grazas Antonio!!!
ResponderEliminarAntonio , espero poder acompañaron un "buen" rato.. pero ya me direis como lucharemos con el calor...? :) Enhorabuena campeones por este reto y lo que se prentede con el. saludos desde Ourense
ResponderEliminar