Este Reto está traéndonos marabillosas sorpresas de todo tipo. Hoxe quero falarvos de dous grupos de grandes deportistas que queren botarnos unha man de forma totalmente desinteresada.
Os Ingleses Rugby Club. Os seus veteranos e cadetes vannos axudar cos postos de control, en canto llo plantexamos puxeron mans á obra para atopar nas súas filas quen se fixera cargo desta ardua tarefa. A verdade é que me sorprendeu moi agradablemente ver con que entusiasmo e ganas se puxeron a buscarnos colaboradores.
A parte pois de grandes deportistas e fornidos mozos demostran ter un grandísimo corazón.
Enlace: Ingleses Rugby Club
Onte vemos no correo outra gran sorpresa, un grupo de futuros atletas, Asociación de Atletismo Mazí, mándannos un correo decindo que tamén lles gustaría axudarnos e participar no noso Gran Reto. Temos pois uns cuantos mozos de menos de 16 anos que durante algunhas horas pensan entrar no noso grupo de colaboradores e tamén axudar na mesa de avituallamento. Estamos encantados de telos ao noso carón pois de seguro que algún día poderemos dicir: "eu estiven con ese mozo ou moza que hoxe está a recibir un ouro olímpico ou outra gran mención de honor".
Enlace: Atletismo Mazí
A ambas agrupacións so lles podemos dicir GRAZAS POR SER COMO SODES E POR SABER O LUGAR QUE DEBEDES OCUPAR!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario. En breve darémosche unha resposta!
Esperámoste os días 1 e 2 de setembro en Cambados!