13 jul 2011

AXUDANTES DE LUXO

 Temos moita axuda de todo tipo e toda igual de importante, agradecemos o que van facer nestas 24 horas todas estas fantásticas persoas que están dispostas a perder parte do seu tempo libre para botar unha man:

- Moitos dos PROFESIONAIS DA UNAM (Unidade de Apoio ambulatorio) de BATA, mozos e mozas moi especiais que adican moito do seu tempo aos nosos nenos/as, ben certo que é o seu traballo, pero hai cousas que sobrepasan esta barreira, que nós como familias volvamos a recuperar a sonrisa e o sono tras o diagnóstico de autismo débese en gran parte a eles. Aproveito este espazo para darlle as grazas  pois con eles ao noso carón sentímonos seguros sobre todo ao ver os progresos dos nosos fillos e fillas ecomprobar que son uns mestres excepcionais non so para os "peques" senon tamén para os pais e nais


- Teremos en algúns momentos do sábado e do domingo fisioterapeutas e enfermeiras que estarán alí para axudar a que os nosos deportistas estén plenamente atendidos se sucede algún pequeno percance. Eles son:
- FISIOTERAPIA: JOAQUÍN GAGO E TOMÁS CAULA
- ENFERMERÍA: A PARELLA DE TOMÁS E IRIA SAN JUAN

Tamén teremos uns locutores de luxo: Os nosos amigos incondicionais de CONEXION DANCE. Eles farán que estas 24 horas pasen voando pois ainda que por outros compromisos anterirores non poidan estar todo o tempo con nós, stou segura de que as horas que pasen onda nós transformaranse en segundos.

DISTRIBUIDORES DE HERBALIFE de Cambados e Vilagarcía estarán tamén con nós para prepararnos batidos enerxéticos e bebidas isotónicas que seguro que axudarán a que os nosos atletas manteñan o ritmo sen maior problema.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario. En breve darémosche unha resposta!
Esperámoste os días 1 e 2 de setembro en Cambados!