31 may 2013

En marcha o novo Running 2013 na Illa de Arousa

Temos o pracer de anunciarvos que estamos xa ultimando os detalles para o novo Reto Running deste ano.Seguimos recorrendo toda a comarca arousana levando con nós esta magnífica experiencia. Esta vez trasladámonos á Illa de Arousa, concello que colabora moi a miudo nas actividades de Por Dereito.

Contaremos novamente con DEMETRIO ÁLVAREZ , este  magnífico fondista leva xa uns meses desexando visitarnos e vivir unha nova aventura de 24 horas xunto a todos aqueles que queirades acompañalos. ANTONIO MADRIÑÁN  acaba de comunicarnos que por motivos de forza maior non poderá este ano estar connosco, pero hai cousas mais importantes que o running. Un bico moi grande dende aquí querido amigo e moito ánimo!!!

RETO RUNNING POR DEREITO 2011, VILAGARCÍA DE AROUSA 


                                    RETO RUNNING POR DEREITO 2012, CAMBADOS


A nosa amiga e exatleta Fátima Collado xa nos ten un precioso deseño feito para a ocasión. Ela é unha marabillosa mami dun neno con autismo do País Vasco que tódolos anos nos fai o deseño para o running.
Estade atentos pois este ano hai moitas novidades...





2 comentarios:

Grazas polo teu comentario. En breve darémosche unha resposta!
Esperámoste os días 1 e 2 de setembro en Cambados!