25 jun 2011

REGALOS. ACTUALIZADO O 1 DE XULLO

MEDALLAS PARA OS NENOS/AS DO XIMNASIO VITAL SPORT DE CAMBADOS

O Ximnasio Vital Sport situado na Avenida Vilariño de Cambados regálalles aos nenos e nenas que se inscriban no Reto unha medalla conmemorativa do Gran Reto. 
Un motivo mais para participar cos vosos fillos neste gran evento. As medallas repartiranse HASTA AGOTAR EXISTENCIAS. (50 preciosas medallas).


 

CAIXIÑAS METÁLICAS DA EMPRESA M&M&
O Gran Reto vai collendo cada día mais forma, é fantástico ver como a xente se implica. Temos a Rifa en marcha, estamos facendo as quendas para atender a mesa informativa e o posto de atención aos fondistas, estamos falando coas empresas que queren aportar algo...
E falando con uns e con outros atopamos que  m&m& ten para os nosos cativos unha sorpresiña...



Repariremos estas preciosa caixiñas entre os nenos e nenas que veña a visitarnos HASTA AGOTAR EXISTENCIAS.
Agradecemos de todo corazón a esta empresa este detallazo cos mais novos.
Páxina oficial da empresa: http://www.m-ms.es/

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario. En breve darémosche unha resposta!
Esperámoste os días 1 e 2 de setembro en Cambados!